O Rácing quere compensar a afección cun bo partido mañá contra o Cádiz
O equipo gaditano chega xa sen nada en xogo malia a ser un dos favoritos ao ascenso
E mañá xoga o Rácing de Ferrol. Recibe o Cádiz no penúltimo partido na Malata. E o equipo departamental quere compensar á súa afección cun bo encontro neste treito final da temporada.
É tamén un momento de reflexión, un momento para repensar e analizar o sucedido este ano. A categoría é dura, e está marcada, di Menéndez, pola constancia. Como se pode comprobar tamén no caso do rival de mañá, o Cádiz, que xa non se xoga nada: "É incrible, se algo ten o fútbol é que non se pode dar nada por feito. Cres que vas competir ben porque quedan xogadores de 1ª, e non son quen de competir na 2ª división. Porque a liga é moi longa, hai que traballar moito, e só co talento non abonda".