Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing presenta un orzamento de nove millóns de euros

O Rácing presenta un orzamento de nove millóns de euros

O equipo ferrolán estima unha perda de catrocentos mil euros ao final do exercicio

G24.gal 27/12/2023 14:55 Última actualización 27/12/2023 14:59

No Rácing aprobáronse as contas. A temporada pasada rematou cun déficit de dous millóns catrocentos mil euros. O regreso ao fútbol profesional presenta un orzamento de nove millóns de euros, dos que cinco e medio se van destinar aos salarios de xogadores e técnicos.

O Rácing estima unha perda de catrocentos mil euros ao final do exercicio. O normal é que os seiscentos mil euros que recibirá do Alavés por Carlos Vicente pertenzan ás contas desta campaña.

O Rácing ten a intención de investir once millóns de euros, coa axuda das institucións, na remodelación do estadio como demanda a Liga de Fútbol Profesional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade