Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing pasa a proba diante do Oviedo no Emma Cuervo (1-1)

O Rácing pasa a proba diante do Oviedo no Emma Cuervo (1-1)

O equipo asturiano levou o trofeo na quenda de penaltis

G24.gal 02/08/2023 21:39

O Rácing xogou o amigable máis esixente da pretemporada diante do Oviedo, co que coincidirá na Segunda División. O partido rematou con empate (1-1) e decidiuse na quenda de penaltis a prol do cadro asturiano. 

Cristóbal Parralo xogou con todo o plantel agás cos tocados David Castro e Álvaro Giménez. Mesmo debutou o central Enrique Clemente que só completou un par de adestramentos. 

Os goles marcáronse nos primeiros vinte minutos. Borja Bastón adiantou o Oviedo e Sabin Merino empatou nun penalti cometido sobre el mesmo por parte do galego David Costas. 

Polo demais, houbo poucas ocasións e menos fútbol no típico encontro de pretemporada. Na quenda de penaltis fallou Nacho Sánchez o único lanzamento do Rácing e o Oviedo ergueu a copa de Sargadelos coa que foi agasallado o gañador. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos