Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing está invicto como local no 2023

O Rácing está invicto como local no 2023

Moi Delgado: "É espectacular que non nos gañen nun ano na casa, e sendo dúas categorías distintas"

G24.gal 15/12/2023 17:12 Última actualización 15/12/2023 17:17

A aposta por un modelo harmónico no xogo e no vestiario forma pare da estratexia de Cristóbal Parralo para tratar de apontoar a permanencia do Racing. E o lateral esquerdo Moi Delgado é unha das probas de que esa persecución do equilibro está a dar os seus froitos na Malata.

O andaluz, que partiu suplente en liga e que na súa primeira titularidade viu un cartón vermello que motivou a súa saída do campo, foi gañando peso nun equipo que pivota precisamente nunha repartición equitativa de momentos e galóns.

A pesar de que Moi Delgado non se considera relevante do poder do factor campo, admite o andaluz que o que se está vivindo na Malata é algo espectacular.

"É incrible que un equipo que sobe de categoría manteña esa fortaleza en casa. Aquí temos un fortín, é de admirar e ese plus témolo", indica.

O Rácing está invicto como local no 2023, 22 partidos seguidos sen perder na Malata.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade