Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rácing de Ferrol vence na casa o Alcorcón (2-1)

O Rácing de Ferrol vence na casa o Alcorcón (2-1)

Os de Cristóbal gañaron ante un rival que quedou con dez na primera parte

G24.gal 11/05/2024 17:55 Última actualización 11/05/2024 19:54

O Rácing de Ferrol venceu por 2-1 ao A. D. Alcorcón cun golazo de Señé e outro de Nico Serrano que fixeron boa unha sólida actuación dos de Cristóbal. Con esta vitoria o Rácing fai os deberes e segue a mirar para arriba. 

O equipo de Cristóbal saíu dominar o Alcorcón dende os primeiros intres do partido e aproveitando o ánimo da Malata conseguiuno. Na primeira metade as ocasións serían moi claramente para o Rácing, e chegarían por todos os. Xogadas combinativas, tiros afastados e mesmo a balón parado, como chegaría o gol de Jon García nun cabezazo inapelable. Para desgraza racinguista o árbitro asubiaría anulando o tanto por unha presunta falta previa que nin os xogadores locais nin o público podían entender. O VAR non entrou na xogada. Antes de chegar ao descanso tería lugar outro acontecemento clave para o partido, a expulsión por cartón vermello directo de Chema por unha entrada sobre Nico Serrano a cal si que mandaría revisar o VAR.

Á volta do tempo de lecer a sorte estaría por fin do lado ferrolán, e nunha entrada por banda esquerda aparecerá un centro a media altura o cal Señé remataría cun golpeo acrobático. Adiantábase o Rácing no 63 que estaría cun máis durante a restante media hora. Non obstante o Alcorcón non lle perdeu a cara ao partido, e conseguiría o empate nunha grande acción individual de Javi Pérez que, tras facerlle un sombreiro a Jon García, definiría pegado ao poste imposible para Cantero. Era o minuto 83 e o Rácing tería que remar para levar os tres puntos. Non pasaría moito tempo ata que no 85 Nico Serrano empurraría un balón procedente dun rebote na área visitante, e poñería o definitivo 2-1 no marcador. 

Vitoria racinguista na Malata que suma tres puntos que lle valen para seguir soñando co ascenso, a falta de tan só tres xornadas para o final da competición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos