Cargando resultados...
As vellas glorias do Deportivo presentan o libro 'O mellor que me pasou na vida'
Ex-xogadores como Songo'o, Manuel Pablo, Jaime ou Dani Mallo aproveitaron para lembrar as vivencias daquel título de Liga do cadro coruñés
G24.gal
23/05/2025 22:04
Na Coruña seguen a facer actos polo 25 aniversario do título de Liga. Coa presenza de ex-xogadores como Songo'o, Manuel Pablo, Jaime ou Dani Mallo. Tamén estivo presente o que fóra presidente deportivista Augusto César Lendoiro. Polo acto pasou Lucas Pérez logo de gañar a liga co PSV. Ninguén quixo perder a presentación do libro 'O mellor que me pasou na vida'.