O camiño de Europa pasa por Xetafe (sábado, 21:00 horas)
O Celta, o Raio Vallecano e o Osasuna xóganse dúas prazas para as competicións europeas na última xornada do campionato
Na véspera do partido definitivo o adestrador do Celta expresa a súa confianza nunha vitoria para xogar competición europea a próxima temporada. O desprazamento masivo do celtismo define este último partido por Europa como unha final. Se gaña asegura a praza. Senón, depende de que fallen Rayo Vallecano e Osasuna contra rivais que tampouco poñen nada en xogo.
Sería especial para Iago Aspas, por fin liberado dun final agónico. Pero non o dá por feito nin moito menos. A ilusión é grande entre os canteiráns máis novos, os grandes protagonistas desta temporada. Hai contención no campo pero fóra vaise desatar o celtismo para completar a festa volver a Europa oito anos despois.