Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE retira a emenda sobre prostitución para salvar a lei do 'só si é si'

O PSOE retira a emenda sobre prostitución para salvar a lei do 'só si é si'

Retirárona pola falta de apoios para sacala adiante

Os socialistas rexistrarán unha proposición de lei co mesmo texto da iniciativa á que renunciaron

O proxecto de lei chegará a semana que vén ás Cortes

G24.gal 18/05/2022 17:15 Última actualización 18/05/2022 21:05

A Comisión de Igualdade do Congreso dará luz verde ao ditame da lei do 'só si é si', que seguirá adiante sen os artigos vinculados á prostitución ao aprobar unha emenda pactada entre varios grupos e que apoiou o PSOE. Na devandita emenda suprímense os artigos 187 e 187 bis da lei do 'só si é si', que penalizan o proxenetismo non coactivo (non violento) e tamén a quen se lucre co alugueiro de locais destinados a favorecer a explotación da prostitución. O texto foi acordado por Unidas Podemos, ERC, PNV, EH Bildu, o Grupo Plural, o grupo Mixto e Ciudadanos, e apoiado polos socialistas, mentres que PP e Vox mostráronse en contra.

O PSOE retirou a emenda á Lei de garantías da liberdade sexual sobre prostitución ante a falta de apoio para sacala adiante. Tratábase dun texto que buscaba endurecer a proposta de Igualdade, incluíndo un "castigo ao proxenetismo en xeral" e ampliando as penas de prisión de 1 a 3 anos e multas de 12 a 24 meses (está agora en multas de 6 a 18 meses) e eliminando a referencia á explotación.

Os socios de Goberno opoñíanse a esta iniciativa, xa sexa pola súa posición a favor desta práctica, como pola súa postura de tratar a prostitución noutra norma específica. 

O PSOE rexistrará unha proposición de lei co mesmo texto da emenda

Aínda que o PSOE decidiu retirar no último momento a súa emenda encamiñada a abolir a prostitución para que a lei puidese saír adiante, anunciou que mañá rexistrará unha proposición de lei co mesmo texto da iniciativa á que renunciou.

Fontes do PSOE aseguran que a prostitución é unha forma de violencia sexual contra as mulleres e que o partido entende que a lei que aborda a violencia sexual e que pretende garantir a liberdade sexual, como a lei 'só si é si', tiña que tipificar penalmente o proxenetismo e a tercería locativa "de forma que enfrontase a impunidade que existe ante o lucro da prostitución de mulleres".

As mesmas fontes socialistas indicaron que "a actitude improdutiva e os vetos cruzados dos grupos só logra postergar a aprobación deste texto" e "deixan moi danada unha lei que aborda o consentimento sexual, pero non aplicará ningunha medida para impedir unha das peores formas de violencia contra as mulleres".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade