Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE recoñece que pagou 45.000 euros a Leire Díaz como xornalista entre 2015 e 2017

O PSOE recoñece que pagou 45.000 euros a Leire Díaz como xornalista entre 2015 e 2017

Inicialmente comunicara ao xulgado que o PSOE de Cantabria aboara só 15.000 euros

Leire Díez, nunha conferencia de prensa (Carlos Luján/Europa Press) Leire Díez, nunha conferencia de prensa (Carlos Luján/Europa Press)
G24.gal 02/06/2026 16:45

A exmilitante socialista Leire Díez percibiu 44.859 euros brutos por parte do PSOE cántabro entre 2015 e 2017, polas súas funcións como asesora de comunicación, que desempeñou como autónoma dependente para este partido, segundo comunicou a formación ao xuíz Arturo Zamarriego, que a investiga nun xulgado madrileño.

O PSOE detallou os pagos que Leire Díez recibiu do PSOE de Cantabria en resposta á solicitude do titular o Xulgado de Instrución número 9 de Madrid, que un auto do pasado mes de abril aceptou a dilixencia solicitada por HazteOir, que exerce a acusación popular nesta causa que investiga presuntas manobras da exmilitante contra fiscais, xuíces e mandos da Garda Civil.

No seu escrito, ao que tivo acceso EFE, o PSOE explica que Leire Díez traballou como autónoma dependente para a formación en Cantabria en dous períodos: do 1 de setembro de 2015 ao 28 de febreiro de 2017 e do 1 de marzo ao 7 de setembro de 2017, ambos inclusive.

Polo primeiro período percibiu 32.903 euros brutos e polo segundo, incluída a indemnización pola rescisión unilateral do contrato, 11.956 euros brutos. O PSOE remitiu ao xuíz os contratos subscribidos, a carta de rescisión contractual e as facturas: dezaoito do primeiro período e oito do segundo.

O PSOE, que inicialmente comunicou ao xulgado que o PSOE de Cantabria abonara 15.000 euros a Leire Díez polo seu traballo de xornalista en 2017, detalla agora que esa cantidade repártese entre facturas de xaneiro a febreiro dese ano, de 3.655,92 euros e os 11.956 do segundo contrato como autónoma dependente. Estas cantidades fóronlle abonadas por transferencia bancaria.

O xuíz Zamarriego investiga a Leire Díez e ao empresario Javier Pérez Dolset por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias ante supostas manobras contra fiscais e mandos da UCO co fin de desbaratar investigacións xudiciais, nun procedemento anterior ao que lle abriu na Audiencia Nacional o xuíz Santiago Pedraz.

No procedemento da Audiencia Nacional investíganse tamén manobras para acabar con causas xudiciais que afecten ao PSOE e ao Gobierno, aínda que o maxistrado coloca a cargo desas presuntas actividades ilícitas ao exsecretario de Organización do PSOE Santos Cerdán, mentres que Díez encargaríase de coordinar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade