Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE negocia co PP para aprobar a reforma da lei de só si é si sen os seus socios de Goberno

O PSOE negocia co PP para aprobar a reforma da lei de só si é si sen os seus socios de Goberno

O presidente pediulles perdón ás vítimas polos efectos indesexados da lei

Feijóo responde que só será crible se cesa os responsables desta chapuza

Pedro Sánchez durante a entrevista de EL CORREO
G24.gal 16/04/2023 20:02 Última actualización 16/04/2023 20:15

O PSOE mantén contactos co PP para sacar adiante a reforma da lei de só si é si sen os seus socios. O pleno do Congreso aprobará os cambios os próximo xoves.
Hoxe, o presidente do Goberno pediulles perdón ás vítimas polos efectos indesexados da lei. E o líder da oposición respondeulle que só será crible se cesa os responsables.

Nunha entrevista no xornal El Correo, Pedro Sánchez defendeu a lei de só si é si porque sitúa a España á vangarda da protección das vítimas, dixo. Pero o presidente insiste en que hai que corrixir os efectos indesexados da norma, como son as rebaixas de condena ou as excarceracións.

"Creo que ningún deputado, mesmo os que votaron en contra desta lei, están a favor de rebaixar as penas. Polo tanto pido perdón ás vítimas e imos poñerlles solución a estes efectos indesexados"

Nun acto de precampaña en Navarra, o presidente do Partido Popular cuestionou a credibilidade de Pedro Sánchez e atribuíu as desculpas á proximidade das eleccións.

"Se realmente se equivocou e pide perdón mañá debe cesar o Goberno e os ministros e ministras que fixeron esta chapuza legal, que é indignante para as mulleres e para os menores de España, se realmente quere ser crible, debe cesalos"

Este luns o Congreso comeza a ultima fase da tramitación da reforma da lei. O PSOE xa dixo que non ía negociar as emendas presentadas por Unidas Podemos, xunto a ERC e Bildu, porque considera que non responden ao problema. Pola contra, cre que as cuestións técnicas que propón o PP están ben formuladas polo que todo parece indicar que a reforma se pode aprobar cos votos de PP e PSOE. A ministra de Igualdade respondeu a través das redes sociais criticando os seus socios de Goberno por pactar a reforma co PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade