Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE insta a Sumar a pechar as negociacións; o PP cre que Sánchez quere "enxendrar Frankestein 2"

O PSOE insta a Sumar a pechar as negociacións; o PP cre que Sánchez quere "enxendrar Frankestein 2"

Os socialistas avogan pola unidade dos partidos á súa esquerda, ao tempo que marcan distancias

Os populares cren que unha coalición PSOE-Sumar sería "aínda peor" que a desta lexislatura

G24.gal 09/06/2023 14:51

O PSOE avoga pola unidade dos partidos á súa esquerda. "A nosa aspiración é gobernar en solitario, pero, obviamente, preferimos que o resto das opcións de esquerdas sexan convincentes e non que se desmoronen", asegurou a vicepresidenta terceira, Teresa Ribera, nunha entrevista en Onda Cero. Para a tamén ministra para a Transición Ecolóxica, "é un debate que é moi importante que resolvan canto antes de maneira clara".

Pero ao mesmo tempo, os socialistas marcan distancias para que non lle salpique o ruído. Para Félix Bolaños, ministro da Presidencia, "Sumar e Podemos están nas súas cousas, que son moi respectables, e o PSOE está en que teñamos catro anos máis de goberno progresista".

O PP di que, se a coalición do PSOE con Unidas Podemos, que ten dous partidos, xa é mala, coa quincena de Sumar sería inda peor. "Imaxinen o que pode ser Bildu e ERC xuntos e Sumar con 14 partidos...en definitiva, o que hai detrás de todo isto é un movemento para enxendrar de novo Frankestein 2 con Pedro Sánchez de presidente do Goberno e España non está para isto", dixo a secretaria xeral do partido, Cuca Gamarra, ante os xornalistas.

Polo momento, o PP aínda non deu detalles das súas listas electorais. Si o fixo o PSOE. Nelas van persoas de confianza de Sánchez, como a maioría dos seus ministros, algún representante da vella garda e baróns que perderon nas autonómicas.

Tamén irá por Madrid a directora da Garda Civil, Mercedes González, que deixa o cargo cando so levaba nel dous meses. Vaina substituír Leonardo Marcos, ata agora director xeral de Protección Civil e Emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade