Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O PSOE impugna o proceso de elección dos órganos de Goberno da FEMP
Os socialistas aseguran que o PP infrinxiu ata dous artigos referidos ás candidaturas
A popular Mª José García-Pelayo sucede o socialista Abel Caballero á fronte da FEMP
 
            
                            G24.gal
                        
                            23/09/2023 20:41
                        
                        
                                Última actualización 23/09/2023 23:09
                        
                        
                    
                    O PSOE impugnou o proceso de elección dos órganos de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e estudará as medidas legais ao detectar que o PP, segundo o partido socialista, "incumpriu os estatutos do organismo nas candidaturas presentadas".
Segundo unha nota do PSOE, o PP infrinxiu ata dous dos artigos referidos ás candidaturas á xunta de goberno e ao consello territorial, nos que se indica claramente que ningunha persoa “poderá presentarse en máis dunha candidatura”.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        