Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE estuda que facer coa lei trans no medio de fortes tensións internas

O PSOE estuda que facer coa lei trans no medio de fortes tensións internas

Podemos advirte que non aceptará ningún recorte de dereitos 

Grupos feministas socialistas contrarios a este lei piden reunirse con Pedro Sánchez

A lei trans está a tensar a corda no Grupo Socialista do Congreso
G24.gal 25/10/2022 14:38

Nin un paso atrás. É a advertencia de Podemos ao PSOE pola lei trans. Mañá os socialistas deben decidir se prorrogan ou pechan o prazo de emendas e aos morados nin lles pasa pola cabeza que os seus socios volvan amplialo unha semana máis. Xa sería a sexta vez.

De facelo, a treboada tería consecuencias importantes. En Podemos queren que a norma estea aprobada antes de que acabe o ano e saben que con outra nova prórroga o obxectivo periga. E non están dispostos a aceptalo. Esta lei é o seu proxecto máis simbólico. 

Os socialistas aínda non teñen claro que farán. Teñen moito debate interno porque hai varias correntes enfrontadas. Mesmo non descartan emendala. 

Hai un sector contrario á norma. Unha das dirixentes máis críticas é a exvicepresidenta Carmen Calvo. Ela sostén que debilita o concepto de violencia de xénero, "practicamente dándolle a razón a Vox", advirte.

Colectivos de feministas socialistas críticos coa norma piden a Pedro Sánchez unha reunión urxente para debater sobre o que está a acontecer.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade