Publicador de contidos

O PSG acostúmase ás remontadas

O PSG acostúmase ás remontadas

G24.gal 30/10/2021 13:27

O Paris Saint Germain está a apuntarse ás remontadas. E por terceira vez consecutiva no seu estadio tivo que recorrer a heroica para levantar un partido no que o Lille foi superior durante a primeira hora de xogo.

No que Yilmaz avisou a Donnaruma no primeiro minuto, e no que Jonathan David golpeou no 31 logo dunha xogada do seu compañeiro de dianteira. Os actuais campións de Liga volvían complicarlle as cousas o gran candidato desta temporada.

No descanso, Messi quedou na caseta e no seu lugar entrou Icardi. Pero o Lille seguía achegándose con perigo e puido deixar resolto o encontro nalgunha das claras oportunidades das que dispuxo. Non o fixo e acabouo pagando no último cuarto de hora.

Di María entrou en acción e fixo lucirse a Grbic antes de que el mesmo asistise a Marquinhos no tanto do empate. Un gol moi protestado polo meta cedido polo Atlético de Madrid, que reclamou falta de Icardi.

Cos parisinos envorcados, Di María apoiouse en Neymar para marcar o tanto da vitoria a tres minutos do remate cun disparo axustado que desatou a alegría no Parque dos Príncipes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos