Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG pídelle ao exconcelleiro Javier Fernández que deixe a acta de edil

O PSdeG pídelle ao exconcelleiro Javier Fernández que deixe a acta de edil

Acúsao de "falta de lealdade cos principios" cos que concorreu na lista das eleccións de 2019

G24.gal 21/11/2022 20:08 Última actualización 21/11/2022 20:30

Este mesmo luns, o Diario Oficial da Provincia (BOP) publicaba o cesamento de Javier Fernández como concelleiro de Centros Socioculturais. Pero seguiría como responsable de Barrios e Obras.  

Tras coñecer a remodelación das atribucións de goberno, o edil dimitiu, pero coa intención de continuar á fronte do pleno como non adscrito.

O PSdeG de Santiago lémbralle que concorreu ás eleccións hai case catro anos baixo as súas siglas, no número nove da lista, e cuns "ideais reflectidos" nun programa do que "agora se desvincula".  

Ademais, o Partido Socialista local lembra no seu comunicado que os reaxustes do Goberno municipal son "competencia exclusiva do alcalde". E engade que "en ningún caso a discrepancia cun reaxuste na configuración de goberno pode constituír unha desculpa aceptable para este comportamento".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade