Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG elixe a Carmela López como candidata para presidir a Deputación de Lugo

O PSdeG elixe a Carmela López como candidata para presidir a Deputación de Lugo

A alcaldesa de Burela é a candidata dos socialistas para substituír a José Tomé, que dimitiu do seu cargo tras ser acusado dun delito de acoso sexual

Imaxe de arquivo de Carmela López .  EFE/ Pedro Eliseo Trigo Imaxe de arquivo de Carmela López . EFE/ Pedro Eliseo Trigo
G24.gal 03/01/2026 13:28

A alcaldesa de Burela, Carmela López, será a candidata do PSdeG para presidir a Deputación de Lugo, na que substituiría a José Tomé, que dimitiu do seu cargo tras ser acusado por un delito de acoso sexual.

A comisión provincial do PSdeG de Lugo reuniuse este sábado en sesión extraordinaria para tratar a proposta formulada pola xestora do partido e ratificou a súa decisión de propoñer a deputada provincial María del Carmen López Moreno como candidata socialista á presidencia da Deputación de Lugo.

A proposta foi ratificada por aclamación, de conformidade cos estatutos e os procedementos internos establecidos polo partido, informa o PSdeG nun comunicado.

O acordo adoptado remitirase agora á comisión nacional de listas, que emitirá un informe e reenviarao á comisión federal de listas para a súa aprobación final, que será tomada pola comisión executiva federal e remitida ao PSdeG-PSOE de Lugo para a súa aplicación fronte ao pleno do 14 de xaneiro de 2026

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade