Publicador de contidos

Publicador de contidos

O proxecto Chorus canta pola paz no Coliseum da Coruña

O proxecto Chorus canta pola paz no Coliseum da Coruña

O concerto reuniu no escenario do Coliseum máis de catrocentas voces, arroupadas pola OSG

G24.gal 11/01/2026 22:41

Sobre o escenario, máis de 700 persoas e un repertorio con cancións que son bandas sonoras vitais de varias xeracións. Sucedeu no Coliseum da Coruña, nun concerto pola paz emocionante co que culminou o proxecto educativo Chorus, unha aposta polo poder transformador da música.

Máis de catrocentas voces arroupadas pola Orquestra Sinfónica de Galicia cantaron pola paz nun espectáculo que celebrou a música cun repertorio esencialmente de cine.

"Buscabamos un repertorio que servise de conexión entre pais e nenos, con temas que coñece todo o mundo, como son as cancións de Disney, e outras coa suficiente sona, como We are the world ou This is me, que son cánticos de liberdade e de paz", explica Fernando Briones, responsable da dirección artística do proxecto Chorus.

O concerto foi o premio a meses de esforzo e de traballo conxunto do profesorado e do alumnado implicado no proxecto Chorus, que introduciu o canto coral nas escolas como instrumento para a educación en valores.

"Queriamos reivindicar a paz nestes momentos que estamos vivindo e darlle valor á ensinanza da música vocal infantil, a importancia que ten como elemento vertebrador, de compañeirismo, de socialización e de cultua".

Setecentas persoas sobre o escenario nun Coliseum vibrante e solidario, porque tamén foi punto de recollida de material escolar para a Escola Coruña do Senegal. As voces de Rosa Cedrón, Carolina Rubirosa, Gandy, Carlos Tojeiro, Eva B. e Tinho sumáronse ao Concerto pola Paz, que nace coa vocación de converterse nunha cita anual na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade