Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente iraniano ordena restablecer Internet tras case tres meses de apagamento

O presidente iraniano ordena restablecer Internet tras case tres meses de apagamento

A orde presidencial podería empezar a aplicarse este martes despois de 88 día sen servizo 

Uns 10 millóns de traballadores dependen a diario da economía dixital en Irán

REUTERS/Stringer REUTERS/Stringer
G24.gal 26/05/2026 09:19

O presidente iraniano Masud Pezeshkian ordenou restablecer o acceso a Internet global en Irán tras case tres meses de apagamento dixital, desde o inicio da guerra con Estados Unidos e Israel o pasado 28 de febreiro.

Pezeshkian deu instrucións ao Ministerio de Comunicacións para que devolva o acceso a Internet á situación previa, segundo informou a axencia ISNA o luns pola noite, que afirmou que a orde presidencial podería empezar a aplicarse este martes.

A decisión chega despois de que o Comité Especial para a Xestión do Ciberespazo aprobase, na súa cuarta reunión, o restablecemento de Internet internacional con nove votos a favor e tres en contra.

O ministro de Comunicacións, Sattar Hashemi, confirmou posteriormente ao diario Shargh que o proceso para restablecer a conexión internacional xa comezou.

O restablecemento da Internet internacional converteuse nun dos asuntos máis sensibles do debate político iraniano tras meses de restricións severas que afectaron especialmente a empresas tecnolóxicas e plataformas dixitais.

corte da Internet global en Irán cústalle ao país uns 30 millóns de dólares diarios e afecta a 10 millóns de traballadores que dependen da economía dixital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade