O Colexio de Médicos de Pontevedra pídelle "sentidiño" á cidadanía no Nadal
O presidente, Isidro Lago, considera esencial a vacinación en todo o mundo para frear a pandemia
O Presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, Isidro Lago, pediulle á xente que teña sentidiño durante as festas de Nadal para poder frear a expansión dos contaxios, durante unha entrevista na Radio Galega.
É importante que teñamos sentidiño de cara ao Nadal para poder cortar a pandemia: usar a máscara, manter as distancias e facer núcleos burbulla.
Ademais, considera importante que a xente se inmunice porque, di, as vacinas son o maior logro que conseguiu a ciencia para curar enfermidades. Iso si, critica que se esté facendo só en certos países.
Precisamos que a xente se vacine, que a vacinación se extenda por todo o mundo, tanto no primeiro coma no terceiro mundo. A globalización fai que a xente se mova por todos os países.