Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG propoñerá a Feijóo como senador tras a renuncia de Juan Serrano e Elena Muñoz

O PPdeG propoñerá a Feijóo como senador tras a renuncia de Juan Serrano e Elena Muñoz

Núñez Feijóo poderá debater unha vez ao mes con Pedro Sánchez nas sesións de control ao Goberno 

Só podería intervir no Congreso se o PP presenta unha moción de censura contra Sánchez

G24.gal 09/05/2022 15:58 Última actualización 09/05/2022 20:53

O Parlamento de Galicia vai designar nos próximos días a Alberto Núñez Feijóo e Miguel Tellado como senadores. Feijóo exercerá desde o Senado o seu labor de líder da oposición a Pedro Sánchez.

Xa se formalizaron as renuncias da exconselleira Elena Muñoz e o exalcalde de Portomarín Juan Serrano aos seus escanos.

A exconselleira de Facenda Elena Muñoz xa a presentou no rexistro do Senado, pero este martes aínda participará no pleno cunha pregunta ao Goberno. Pola tarde faino Juan Serrano, o exalcalde de Portomarín.

Desta forma queda vía libre para que o Parlamento galego nomee senadores por designación autonómica a Alberto Núñez Feijóo e a Miguel Tellado.

Juan Serrano formalizando a súa renuncia como senador

Como senador Núñez Feijóo poderá debater unha vez ao mes con Pedro Sánchez nas sesións de control ao Goberno que se celebren na Cámara Alta.

Antes de entrar na Cámara Alta, o Parlamento Galego ten que dar a Feijóo luz verde. Así mesmo, o líder do PP ten que reunir toda a información requirida polo Senado, como a declaración de actividades, bens patrimoniais e rendas e intereses económicos.

Unha vez validados os documentos das renuncias, adquiriría a condición plena de senador acatando a Constitución, que se pode facer ante notario ou na sesión plenaria.

Se se fai ante notario, o dirixente popular converteríase en senador para todos os efectos antes do pleno, aínda que, de facerse así, tamén o podería volver repetir durante a sesión plenaria. 

Unha vez elixido senador, Feijóo será designado presidente do Grupo Popular do Congreso e do Senado. Así, poderá asistir aos grandes debates que se celebren no Congreso e utilizar as súas dependencias e salas para atender os medios de comunicación.

Só podería intervir no Congreso se o PP presenta unha moción de censura contra Pedro Sánchez e é o candidato popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade