Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG pregunta ao Goberno se atenderá o Parlamento de Galicia e retirará as emendas do PSOE ao traspaso da AP-9

O PPdeG pregunta ao Goberno se atenderá o Parlamento de Galicia e retirará as emendas do PSOE ao traspaso da AP-9

O PPdeG tamén rexistrou no Senado unha iniciativa similar, lamentando que o PSOE “rompa o acordo unánime alcanzado”

G24.gal 08/11/2025 11:05 Última actualización 08/11/2025 11:29

O PPdeG dirixiuse ao Goberno de Sánchez no Congreso dos Deputados para preguntarlle se ten intención de atender á demanda do Parlamento de Galicia e se "deixará de boicotear" o traspaso da AP-9 á comunidade autónoma.

Os deputados populares inquiren ao Goberno se procederá a ordenar a retirada, como autor e inspirador, das oito emendas presentadas polo PSOE á proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia, e que van en dirección contraria á vontade dos galegos.

Deste xeito, no relatorio da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible poderase aprobar un informe que respecte a literalidade da devandita proposición de lei orgánica, que ademais foi aprobada ata en catro ocasións no Parlamento de Galicia por unanimidade. De feito, esta mesma semana, a través doutra iniciativa do Grupo Popular, a cámara galega solicitou por maioría ao PSOE, aínda que coa abstención dos socialistas, que retire as citadas emendas por “desvirtuar o acordo unánime”.

“Dixemos que iamos estar atentos e esixir, e seguimos cumpríndoo, ata lograr o que todos ansiamos desde o primeiro día: unha AP-9 galega e sen peaxes”, expresa o deputado do PPdeG e vicepresidente segundo da Comisión de Transportes, Celso Delgado.

Despois de case seis anos de espera e máis de 60 bloqueos no Congreso, os populares non entenden que o PSOE “se rebele ante o desexo dos galegos”.

Cabe lembrar que as tarifas na autoestrada subiron ata un 32% desde o ano 2018, fronte ao 19% no resto de autoestradas do Estado, e, a pesar das bonificacións, o custo medio por quilómetro para o usuario segue sendo o maior de toda España.

Iniciativa similar no Senado 

Da mesma forma, os senadores do PPdeG rexistraron unha iniciativa para que a Comisión de Transporte e Mobilidade Sostible da cámara alta inste o Goberno central a transferir á comunidade a titularidade e as competencias da AP-9, “respectando deste xeito, na súa integridade, a petición unánime do Parlamento de Galicia”. “

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade