O PP reitera a súa intención de reducir ministerios e derrogar as leis que considere que "empobrecen España"
O PP reitera a súa intención de reducir ministerios e derrogar as leis que considere que "empobrecen España"
O PP reitera a súa intención de reducir ministerios e derrogar as leis que considere que "empobrecen España"
Por primeira vez en 30 anos, os populares e UPN non irán xuntos a unhas eleccións xerais en Navarra
O Partido Popular reuniu este mércores o comité de campaña para definir a súa estratexia, ao tempo que ultima o programa electoral. O seu obxectivo é romper co sanchismo e recuperar os grandes consensos nacionais.
"O que estamos formulando é unha alternativa, é recuperar os grandes consensos sociais en temas que son transversais e que precisan un gran consenso social, non de rupturas e enfrontamentos entre a sociedade", di Cuca Gamarra, secretaria xeral dos populares.
Alberto Núñez Feijóo acusou o PSOE de estar fóra da realidade desde o 28 de maio, e repróchalle a Sánchez que non asuma a derrota.
Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP, di: "Empezou a campaña criticándonos porque pensamos derrogar as leis do sanchismo, as que lastraron a economía, que dividiron a sociedade e que supuxeron un desprestixio das institucións. E tamén nos critican por reducir o número de ministerios e altos cargos..., pois vaia críticas!".
Este mércores confirmouse que, por primeira vez en 30 anos, UPN non se presentará en coalición co PP en Navarra ás eleccións xerais de xullo. Aínda que os navarros si que estarían dispostos a apoiar unha hipotética investidura de Núñez Feijóo.