Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP pide no Senado a dimisión do fiscal xeral e do presidente do Goberno

O PP pide no Senado a dimisión do fiscal xeral e do presidente do Goberno

Os populares acusan os ministros de ser cómplices da corrupción

Yolanda Díaz pídelles respecto polas institucións do Estado

Sesión de control do Senado
G24.gal 10/06/2025 18:40 Última actualización 10/06/2025 18:50

O Partido Popular pediu no Senado a dimisión de Álvaro García Ortiz e, por extensión, a de Pedro Sánchez, o que din que lle daba as ordes. Os populares acusan os ministros do Goberno de ser cómplices da corrupción.

"O seu cinismo tapando as cloacas e as corruptelas do señor Sánchez fana cómplice necesaria. O fiscal xeral procesado e quen lle manda seguen sen dimitir. Xa están tardando", dixo Alicia García, senadora do PP.

"Vou saír en defensa dunha institución que merece respecto, a Fiscalía Xeral do Estado. E pídolle ao PP que respecte as institucións", respondeu Yolanda Díaz, vicepresidenta terceira do Goberno.

Outro senador do PP, Juan Manuel Ávila, dixo que "nunca coñecín un ministro do Interior tan valente para saír en defensa do primeiro fiscal xeral procesado en democracia e tan covarde para calar a boca cando atacaron a UCO de forma mafiosa"

"Tamén procesaron por dous delitos de fraude fiscal e un de falsidade documental a parella de Ayuso. Eu, entre uns e outros, prefiro estar co modo de entender o servizo público do fiscal xeral"respondeulle Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade