Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP de Ourense abstense na votación e prospera a petición de dimisión ao alcalde

O PP de Ourense abstense na votación e prospera a petición de dimisión ao alcalde

O PSdeG levou ao pleno unha moción reclamando que Jácome cese no cargo tras o empuxón do rexedor a unha sindicalista

G24.gal 06/05/2022 16:05 Última actualización 06/05/2022 17:17

O PP de Ourense abstívose na votación dunha moción de urxencia presentada polo PSdeG no pleno deste venres, na que se pide a dimisión do alcalde por empuxar unha sindicalista o pasado martes no marco da folga do transporte urbano.  

A portavoz popular, Flora Moure, lamentou o "oportunismo" dos socialistas ao levar este texto. En calquera caso, cualificou de "lamentable" o empuxón do rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, uns feitos "que nunca deberon ocorrer" e polos que instou o rexedor a pedir desculpas no pleno.  

A representante popular pediu a votación por puntos da moción de urxencia, o cal foi rexeitado pola dirixente socialista. O texto, ademais de reprobar a acción do rexedor e reclamar a súa dimisión, tamén pedía un apoio expreso aos traballadores da concesionaria.  

Na súa intervención, a portavoz socialista, Natalia González, chamou o rexedor a que "dimita". "Ninguén no seu lugar seguiría á fronte do concello", asegurou, mentres que o nacionalista Luís Seara observou que "o PP mantén a Jácome porque son o mesmo" e "Jácome mantén a Baltar".

Jácome, antes de proceder a realizar a votación, ironizou coa postura dos socialistas era tanto como impedir elixir entre "chupito de herbas" e "coca cola", criticando que así se obrigaba a que se se rexeita o "chupito" obrígase tamén a negarse á Coca-Cola.  

A moción foi aprobada cos votos do PSdeG, BNG, Cidadanos e os exmembros de Democracia Ourensá. O tres integrantes de DO votaron en contra e o PP, que forma parte do goberno local, abstívose. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade