Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP de Feijóo segue subindo e o CIS sitúao a menos de dous puntos do PSOE

O PP de Feijóo segue subindo e o CIS sitúao a menos de dous puntos do PSOE

O PP obtería o 28,7 por cento dos votos estimados, segundo o último barómetro do CIS

O PSOE mantense e segue á cabeza cun 30,3 por cento dos votos

Vox sobe ata o 16,6 por cento e Unidas Podemos queda no 9,6 por cento 

Yolanda Díaz é a única líder política á que os cidadáns da un aprobado

G24.gal 19/05/2022 12:56 Última actualización 19/05/2022 14:58

O PP continúa subindo en estimación de voto. Nesta nova etapa con Alberto Núñez Feijóo como presidente do partido está a menos de dous puntos PSOE ao alcanzar o 28,7 por cento dos votos estimados, segundo o barómetro do CIS.

O PSOE mantense e sigue a cabeza cun 30,3 por cento dos votos estimados, di o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas.

A enquisa, realizada entre o 3 e o 12 de maio, apunta a unha importante subida de Vox, que nun mes crece 2,2 puntos, ata o 16,6 por cento dos votos, xusto o contrario de Unidas Podemos, que deixa outro punto desde abril, e queda no 9,6 por cento.

Por bloques, a esquerda do goberno de coalición do PSOE e Unidos Podemos obtería só un 39,9 por cento dos votos, fronte ao 45,3 por cento de PP e Vox, 5,4 puntos máis ca o bloque da esquerda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade