Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP chamará a Pedro Sánchez á comisión de Begoña Gómez na Asemblea de Madrid

O PP chamará a Pedro Sánchez á comisión de Begoña Gómez na Asemblea de Madrid

Os populares madrileños citan o presidente do Goberno a comparecer á comisión que investiga se houbo trato de favor da Universidade Complutense de Madrid á súa esposa, aínda que saben que non vai acudir

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez  (EFE/ Chema Moya) O presidente do Goberno, Pedro Sánchez (EFE/ Chema Moya)
G24.gal 10/02/2025 12:47 Última actualización 10/02/2025 13:16

O portavoz do PP na Asemblea de Madrid, Carlos Díaz Pache, avanzou este luns que chamarán ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, á comisión de investigación que se celebra no seo do parlamento madrileño sobre o máster da súa esposa, Begoña Gómez, na Universidade Complutense.

O PP reservou a citación de Sánchez para a última sesión desta comisión parlamentaria, impulsada polos populares, que se celebrará o 19 de febreiro, aínda que non ten a obriga de acudir á Cámara rexional, do mesmo xeito que noutros parlamentos autonómicos, porque a súa responsabilidade é facelo no Congreso dos Deputados ou o Senado.

En posterior conferencia de prensa tras a Xunta de Portavoces, Díaz Pache xustificou a petición de comparecencia de Sánchez para que explique "as irregularidades que puideron cometerse na creación destes programas destas cátedras extraordinarias que dirixía a súa muller" e que, segundo o portavoz, "xestáronse na mesa do presidente do Goberno".

Segundo Díaz Pache, Sánchez é "indutor" da creación desta cátedra, e apuntou que utilizou o Palacio da Moncloa para axudar á súa muller e para "medrar profesionalmente cuns programas que non podía dirixir, dos que non podería ser nin alumna, dada a súa cualificación académica".

O PP é consciente de que o presidente do Goberno "non vai vir", xa que "o titán da transparencia non respecta as institucións democráticas, non respecta ao Senado, ao que leva meses sen acudir, non respecta ao Congreso dos Deputados, non respecta as conferencias de prensa con preguntas".

De feito, fontes do Goberno confirmaron que Pedro Sánchez, non acudirá porque "o de menos nesa comisión é investigar nada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade