Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP acusa a Pedro Sánchez de "corrupción sistémica" e de estar "acurralado"

O PP acusa a Pedro Sánchez de "corrupción sistémica" e de estar "acurralado"

A secretaria xeral do partido aproveita a reunión Intermunicipal que se celebra en Valladolid para criticar o PSOE 

Os populares contrapoñen a que denominan "cerimonia da corrupción" do Partido Socialista cunha imaxe de unidade

G24.gal 30/11/2024 15:02 Última actualización 30/11/2024 21:02

O Partido Popular aproveitou a súa reunión Intermunicipal en Valladolid para acusar o PSOE de "corrupción sistémica" e de estar nunha situación de "decadencia". 

A secretaria xeral do PP Cuca Gamarra asegurou que Pedro Sánchez está "acurralado" e que os socialistas celebran este sábado o "Congreso dos Imputados".

"Está acurralado pola corrupción do seu Goberno, do seu partido e da súa familia, está acurralado por unha axenda xudicial que xa substituíu a axenda lexislativa e a axenda de Goberno. Estamos ante unha corrupción sistémica da que sospeitan os de dentro do seu partido, que pasan o día nos notarios levantando actas a ver se se poden librar da corrupción do seu partido", dixo.

O PP replica ao PSOE que acusou a Feijóo de ter un "discurso golpista" e di que querer acabar coa dereita "si é ter un proxecto golpista".

"Pero o que lle dicimos é que co único que terminaron é cun tal Lobato", engadiu Gamarra.

Entre os rexedores populares de toda España que participan nesta Intermunicipal está o alcalde de Ferrol. Rey Varela defendeu a xestión de Feijóo.

"Todos os que traballamos con Alberto Núñez Feijóo sabemos que hai un desexo, hai un problema, estás escribindo unha nota, estás avaliando o que custa e no seguinte despacho se non tomaches xa as medidas pertinentes céeche unha boa, e iso é que necesitamos en España, xente sensible, con corazón e que atenda os problemas da xente", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade