Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño esnaquiza o WAT Atzgersdorf (18-42) e deixa selada a clasificación europea

O Porriño esnaquiza o WAT Atzgersdorf (18-42) e deixa selada a clasificación europea

As galegas dominaron de xeito insultante desde o comezo, ampliando a renda sen pausa

Mica Casasola comandou a anotación con 8 goles

O partido de volta dispútase mañá, tamén no municipal (19:30 h, G2 e Agalega.gal)

G24.gal 18/01/2025 19:30

O Conservas Orbe Zendal Porriño non lle deu opción ao WAT Atzgersdorf, nun partido de ida dos 1/8 de final da EHF European Cup que resolveu xa nos primeiros dez minutos, cun parcial de 4-11 que da daba idea da superioridade do conxunto galego, que xogaba como visitante. A renda seguiu aumentando sen parar ata o 9-20 do descanso.

Na segunda metade mantívose a intensidade das porriñesas, que non deixaron de apertar en ningún momento. Proba diso foi o parcial de 0-8 de inicio, que deixaba as cousas imposibles para as austríacas. O partido foi redondo ata o 18-42 final, con Mica Casasola comandando a notación con 8 goles. Carolina Bono e Paulina Buforn achegaron 7 e 6 goles, respectivamente.

O encontro de volta desta eliminatoria vaise disputar mañá, tamén no Municipal, e co conxunto galego xa como local. Será a partir das 19:30, tamén en directo na G2 e en Agalega.gal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade