O Pontevedra di adeus á Copa nunha mala noite ante o Eibar (0-3)
Os de Rubén Domínguez notaron en demasía as ausencias coas que chegaron o partido
O Eibar foi superior e aproveitouse dos erros defensivos do equipo granate
@PontevedraCFSAD
Rematou a experiencia copeira do Pontevedra. O equipo granate caeu derrotado con xustiza e contundencia ante o Eibar nunha mala noite onde dous erros na saída de balón puxeron moi custa arriba a eliminatoria.
O inicio de partido foi igualado pero mediada a primeira metade, un erro na construción do xogo ofensivo foi aproveitado polo Eibar para armar unha contra que finalizaría cun disparo inapelable Javier Martón. Tras o descanso chegaron os mellores minutos do equipo do Lérez. Alan Ribeiro estivo a piques de empatar cun gran disparo desde á frontal que salvou o meta vasco Luis López cunha grande estirada. Semellaba que o empate estaba cerca pero Yelko errou un pase e esta vez sería José Corpas o que finalizaría a rápida acción para bater a Edu Sousa. Os trocos non melloraron o equipo de Rubén Domínguez que encaixarían un terceiro gol tras unha xogada individual de Magunazelaia. Foi a sentenza a unha eliminatoria onde o Pontevedra non tivo opcións de loitar pola clasificación.