Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra ascende virtualmente á Primeira Federación

O Pontevedra ascende virtualmente á Primeira Federación

3 puntos e 15 goles de vantaxe respecto do Unión Adarve danlle practicamente o ascenso directo

G24.gal 08/05/2022 14:01

O Pontevedra certificou virtualmente o seu ascenso de categoría logo de empatar a uns contra o Salamanca e grazas á derrota do Unión Adarve 2-0 no feudo do Marino de Luanco. Con eses dous resultados os granates teñen 3 puntos de vantaxe e +15 na diferenza de goles, polo que salvo milagre na última xornada ascenderán de categoría.

Prevíase unha boa entrada en Pasarón, a cidade respondeu ao chamamento do club... e o partido non puido ter mellor inicio. O capitán Álex González adiantaba os da beira do Lérez aos dous minutos de partido. A partir dese intre o partido rachouse, ambos equipos tiveron moitas opcións para furar a rede. 

A bancada co transistor celebraba os goles do Marino, pero no 53' chegou o susto, Téllez fixo o empate a prol do Salamanca e meteu o medo no corpo dos de Ángel Rodríguez. Malia que houbo ocasións para os dous, o marcador non se moveu e os xogadores festexaron sobre o céspede un ascenso que teñen practicamente no peto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar