Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra afoga na Romareda

O Pontevedra afoga na Romareda

O Pontevedra puido rematar o partido, pero regresa a Pontevedra cun 2-1 en contra

G24.gal 12/05/2024 14:08

O Pontevedra saíu nervioso ao partido, non conseguía ter o control do partido e o Deportivo Aragón acercábase á portería de Edu Sousa, iso si, sen moito perigo. A través de transicións rápidas o Pontevedra sacudiu as dúbidas iniciais e polas bandas, sobre todo a esquerda de Chiqui, incomodou o filial zaragozano. Nun rebote chegoulle o balón a Dalisson, e tras un par de caneos meteu un golazo, disparo inalcanzable para o meta aragonés. A partir do gol moitas imprecisións, o Pontevedra tentando dominar o partido pero sen asestar o golpe definitivo.

A segunda metade comezou cun dominio de Pontevedra, e con tres tiros á porta, pero todos sen moita colocación nin forza. E chegou o gol do Deportivo Aragó, Fabio conte que apenas levaba uns minutos no campo meteu á saída dun córner. O Pontevedra quixo reaccionar pero non puido, e chegou o segundo do filial do Zaragoza, un golazo de falta directa de Vaquero. O golpe foi moi duro e o Pontevedra regresa a Pontevedra cun 2-1 que doe, e moito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos