Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra terá que remontar contra o Betis Deportivo nun Pasarón ateigado

O Pontevedra terá que remontar contra o Betis Deportivo nun Pasarón ateigado

O equipo de Yago Iglesias ascenderá se gaña por máis dun gol ou pola mínima despois da prórroga

O partido xógase mañá domingo ás 18:00 h na G2

G24.gal 01/06/2024 16:52

Chegou a hora da verdade para o Pontevedra. Os de Iago Iglesias enfróntanse mañá en Pasarón ao Real Betis Deportivo co obxectivo de remontar o un cero en contra do partido de ida no Benito Villamarín e certificar o seu ascenso á Primeira Federación. Ao adestrador galego non lle intimida o feito de que só lles sirva a vitoria.

Unha vez máis o apoio do público pontevedrés, que seguramente encherá Pasarón, pode ser fundamental para o conxunto da cidade do Lérez.

Yago Iglesias confía por completo nos seus xogadores de cara a remontar o resultado adverso do encontro de ida. 

O adestrador granate ten a todos os seus homes dispoñibles, agás Azael García. A cita é mañá en Pasarón ás seis da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos