Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Polvorín apaña unha nova derrota no Requexón (2-0)

O Polvorín apaña unha nova derrota no Requexón (2-0)

Foto: @RealOviedo
G24.gal 03/12/2022 21:07

Complícase a situación do Polvorín na Segunda Federación. O filial do Lugo afúndese nos postos de descenso, e xa ve a salvación a seis puntos. E todo despois dunha derrota no Requexón diante do Oviedo Vetusta, que tirou proveito da febleza defensiva dos galegos.

Os goles do filial ovetense chegaron na segunda metade. No 57 marcou Ízan, aproveitando unha mala entrega defensiva para roubar e marcar.

Xa no treito final do encontro, no minuto 78, o que conseguía o definitivo dous a cero era René. O filial do Oviedo segue ocupando praza de descenso, pero avantaxa xa ao Polvorín en tres puntos despois deste partido.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos