Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Poio gaña o derbi co Ourense e mantén opcións de rematar no primeiro posto

O Poio gaña o derbi co Ourense e mantén opcións de rematar no primeiro posto

Martita e Luci marcaron os goles do equipo pontevedrés (2-1), que se mantén a un punto do Futsi

G24.gal 23/04/2023 13:58

O Poio Pescamar derrotou o Ourense Envialia e, a falta de catro xornadas para o final da liga regular, mantén intactas as opcións de rematar no máis alto da clasificación. 

Para iso tivo que traballar moito e gañou con moito sufrimento a un Envialia que se empregou a fondo no derbi e a piques estivo de rabuñar algún punto. Martita abriu o marcador a quince segundos do final da primeira metade. Empatou Candela para as ourensáns e a internacional Luci anotou o definitivo 2-1. 

O Futsi queda no máis alto da clasificación con 68 puntos, un máis que o Poio Pescamar, que suma 24 xornadas sen perder.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade