O plan de paz para Gaza, unha pequena porta á esperanza
Israel e o que ocurre na franxa de Gaza están no centro dun debate encendido e intenso, tanto social coma político.
A vida sobre o terreo segue a ser un auténtico inferno, pero o último plan de paz propiciado polos Estados Unidos abre unha pequena porta á esperanza.
Un documento de 20 puntos que recibiu o visto e prace de Tel Aviv. Pero Netanyahu insiste nunha liña vermella. O primeiro ministro non quere nin oír falar da creación dun estado palestino. Pero a presión é máxima tanto desde os países árabes coma de Europa.
A Unión Europa deulle a benvida á iniciativa. En España o plan de Trump volve fracturar a coalición. Para os ministros de Sumar é unha farsa.
Esta proposta de paz chega nun momento en que Netanyahu comeza a sentir o illamento internacional. Quedou moi patente na última Asemblea Xeral da ONU.