Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Plan de Convivencia Escolar incorpora testemuños de vítimas de violencia de xénero

O Plan de Convivencia Escolar incorpora testemuños de vítimas de violencia de xénero

O delegado do Goberno segura que estas charlas, pioneiras en Ourense, sensibilizan o alumnado ante esta eiva

G24.gal 30/01/2024 14:10

Sete de cada dez centros galegos participaron o ano pasado nas actividades do Plan Director de Convivencia Escolar que organiza o Ministerio do Interior. O delegado do Goberno en Galicia presidiu en Ourense nunha reunión de seguimento, en que explicou que uns 18.000 alumnos asistiron a charlas de sensibilización sobre temas como acoso escolar e ciberseguridade.

Pedro Blanco anunciou que o Plan de Convivencia vai incorporar testemuños de vítimas de violencia de xénero. 

"A súa intervención ten un grande impacto sobre o alumnado, e a nosa intención é levar esta experiencia piloto na provincia de Ourense ao resto das provincias de Galicia porque nos parece esencial que os rapaces coñezan de primeira man unha realidade coma esa, unha lacra como é a violencia de xénero", explicou o delegado do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade