A 'blockchain', máis alá das criptomoedas, unha tecnoloxía en expansión
A 'blockchain', máis alá das criptomoedas, unha tecnoloxía en expansión
O Pazo de Congresos de Santiago acolle ata o sábado expertos internacionais neste protocolo tecnolóxico
Este 28 de setembro fai 50 anos desde que apareceu o ordenador portátil e 25 anos desde o lanzamento de Google. O próximo salto cualitativo na tecnoloxía virá, segundo os expertos, da man dunha tecnoloxía que se demonina blockchain e da que desde hoxe. Cadrando con esta data celébrase en Santiago un congreso que reúne referentes mundiais no sector.
"Conseguimos un fito histórico porque é un grupo de relatores que son difíciles de congregar. A blockchain converte a Internet que coñecemos, que e unha Internet de información, nunha Internet de valor, que vai ter un uso máis práctico", explica José Manuel Martínez, decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia e organizador do evento.
Tamén pretende servir este encontro para prestixiar socialmente unha tecnoloxía da que moitos só escoitaron falar por noticias negativas sobre criptomoedas. Aquí contan que as bitcoins son só unhas das aplicacións que permite esta tecnoloxía.
Outras serían, por exemplo, grandes avances en controis de orixe e seguimento de alimentos, ou pagamento de tributos e trámites administrativos... ou tamén novidades no ocio e negocio dos videoxogos.
"Usamos a tecnoloxía blockchain para os nosos videoxogos. Seguramente escoitastes algunha vez que alguén vende unha espada dun videoxogo por miles de euros, agora grazas a Blockchain podemos facelo dun xeito seguro e rastrexable", dixo David Noia, de Maniac Panda Games.
E coñecemos empresas galegas con propostas para este mundo.
"Moita xente esta a perder as súas criptomoedas, entón a solución que propoñemos é un moedeiro físico, indestrutible para almacenar bitcoins", explica Ismael Albalá, de Material Bitcoin.
Protagonistas todos dun evento que desde hoxe e ata o sábado congregará en Santiago máis de 800 persoas.