Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Algar-Celta de Copa cambia de escenario e xogarase en Lorca

O Algar-Celta de Copa cambia de escenario e xogarase en Lorca

A Federación considerou que era imposible disputar o partido en Cartaxena que aproveitou a parada para facer un cambio de céspede

G24.gal 11/11/2022 21:35

O domingo o Celta terá a última cita antes das seis semanas de parón. Será na Copa do Rei diante do Algar, que milita na Preferente murciana. 

Durante todo o día o escenario do encontro estivo no aire. A idea inicial era que o partido se disputaría en Cartagonova, pero a Federación Española determinou que o terreo de xogo non estaba en condicións de albergar o encontro.

A opción que atopou o Algar, a última hora, foi o estadio Francisco Artés Carrasco da localidade de Lorca, a máis de noventa quilómetros de Cartaxena. Haberá que ver como resolve este modesto equipo a loxística do desprazamento das máis de 4.000 entradas que tiña vendidas para o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade