Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha facultativa asegura que na analítica do parricida de Muros non había tóxicos: "Estaba tranquilo"

Unha facultativa asegura que na analítica do parricida de Muros non había tóxicos: "Estaba tranquilo"

O acusado amosa unha actitude aparentemente fría desde que comezou o xuízo

G24.gal 14/05/2026 14:04

"Cando chegamos, o paciente estaba fóra, no portal, fumando un cigarro. Comentounos que entraran uns homes no seu piso, que o colleran e lle fixeran unha ferida cun coitelo e que mataran a seu pai cunha machada. Describiu os agresores, do mesmo xeito, varias veces. Preguntámoslle se os coñecía, e dixo que si, pero que era mellor que non soubésemos nada. Deunos a entender que o seu pai estaba metido en problemas. Estaba tranquilo e calmado".

Son declaracións da médica de urxencias do PAC de Muros que atendeu o acusado, en abirl do 2023, no mesmo lugar dos feitos. Outra facultativa de urxencias do CHUS, que tamén recoñeceu o investigado, explicou que na analítica que lle realizaron non apareceron tóxicos.

Unhas declaracións que desmontarían a versión que deu o procesado o primeiro día do xuízo.  "Fun á cociña canda a meu pai e comecei a discutir eu con el. Fíxome un corte na cara. E eu non me lembro moi ben, porque estaba colocado. Acabei pelexándome con el ata que acabei con el".

O seu avogado insiste en que actuou en lexítima defensa."Dentro do lamentable, houbo unha causa e unha agresión previa, e creo que isto quedou sobradamente acreditado", explica José López Balado, avogado do investigado.

Nesta cuarta sesión do xuízo, médicos do Instituto Nacional de Toxicoloxía manifestaron que a vítima no momento de falecer estaba afectado por cánnabis, cocaína e alcol, e que tiña minguada a súa capacidade en todos en sentidos.
Amais, precisaron que nas súas prendas non atoparon ningún desgarro.

O xuízo continúa mañá.

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade