Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Papa sobre o seu futuro: "Que o diga o de arriba"

O Papa sobre o seu futuro: "Que o diga o de arriba"

Foi a resposta á pregunta dunha xornalista de se había Papa para un bo anaco

G24.gal 01/07/2022 21:16 Última actualización 01/07/2022 21:43

Nunha entrevista concedida á axencia de noticias da Arxentina, o papa Francisco referiuse ás recentes especulacións sobre o seu estado de saúde.

Concretamente, preguntáronlle se hai papa para moito e, a súa resposta foi do máis curiosa.  Dixo que "o diga o de arriba".


A pregunta que lle fixeron tiña un motivo, porque nos últimos meses os seus problemas no xeonllo obrigárono a cancelar eventos, encontros oficiais e mesmo viaxes, como o que tiña que facer a África neste mesmo mes. Incluso houbo rumores sobre unha posible dimisión de Francisco, rumores que el mesmo desmentiu hai uns días, cando a un grupo de bispos do Brasil lles dixo que non tiñan fundamento.


En todo caso, nesa entrevista coa axencia Télam o pontífice tamén lamentou a incapacidade da ONU para frear a guerra en Ucraína. Dixo que estamos nun momento en que as institucións deben poñer en xogo toda a súa valentía e creatividade para superar este tipo de conflitos tan graves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade