Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa León XIV recibe o Deportivo no Vaticano

O papa León XIV recibe o Deportivo no Vaticano

Benassi entregoulle ao Pontífice unha figura da Virxe do Rosario, patroa da Coruña, así como dunha camiseta do Deportivo personalizada

Esta acción intégrase dentro do programa de iniciativas impulsadas polo Deportivo con motivo do seu 120 aniversario

G24.gal 13/05/2026 13:41 Última actualización 13/05/2026 14:09

O Deportivo viviu este mércores unha xornada histórica no Vaticano con motivo da visita institucional realizada ao papa León XIV dentro dos actos de celebración do 120 aniversario da entidad.la expedición branquiazul estivo encabezada polo conselleiro delegado do Club, Massimo Adalberto Benassi; acompañado polo sacerdote ourensán Yeray Fariñas e representantes do Dépor, Dépor ABANCA e R. C. Deportivo Fundación.

O encontro tivo lugar na Praza de San Pedro, onde a representación deportivista puido saudar ao Santo Padre nun ambiente de gran proximidade e simbolismo para a historia do Club.

Durante o acto, Massimo Adalberto Benassi fixo entrega ao Pontífice dunha figura da Virxe do Rosario, patroa da Coruña, así como dunha camiseta do R. C. Deportivo personalizada.

Esta acción intégrase dentro do programa de iniciativas impulsadas polo R. C. Deportivo con motivo do seu 120 aniversario, unha efeméride que o club está a celebrar poñendo en valor a súa historia, os seus símbolos e o seu vínculo social e institucional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade