Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Oviedo sentenza ao Mirandés na prórroga (3-1) e volve á Primeira 24 anos despois

O Oviedo sentenza ao Mirandés na prórroga (3-1) e volve á Primeira 24 anos despois

O Mirandés adiantouse no Tartiere, acumulando unha renda de dous goles

Desta volta, Cazorla non perdoou de penalti, e o Oviedo acabou remontando

G24.gal 21/06/2025 23:18

O Oviedo volveu á primeira división logo de resultar vencedor na promoción da Segunda División. Fíxoo eliminando ao Almería nas semifinais, e ao Mirandés na final polo ascenso que comezou favorable aos jabatos. 

O encontro de ida rematara cun triunfo local en Anduva, nun partido en que os de Paunovic erraron un penalti no tempo engadido. Na volta precisaban a vitoria, pero podía ser mínima despois de prórroga pola mellor clasificación dos asturianos durante a Liga. 

Pero o partido outra vez comezou con susto. O cadro de Lisci adiantouse no minuto 16 cun gol de Panicelli, que achegaba aos burgaleses ao soño do seu primeiro ascenso á máxima categoría. Pero o Oviedo buscou e acadou a remontada. Empatou Cazorla de penalti no 39, logo dunhas mans de Izeta na área. E, xa na segunda metade, Ilias marcaba o 2-1 que igualaba a eliminatoria. Foi no minuto 52.

Quedaba toda a segunda metade, pero o marcador xa non se moveu. O partido foi á prórroga, e ao Oviedo servíalle ese resultado despois da media hora extra. Pero non houbo que agardar máis. Portillo marcou un golazo pola escadra no treito final da primeira parte da prórroga. O tres un obrigaba ao Mirandés a acadar dous goles, pero o Tartiere foi unha festa. O Oviedo volve ser de primeira case un cuarto desiglo despois de perder a categoría, e de penar ata pola terceira división durante varios anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos