Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. saca un traballado punto de Burgos

O Ourense C. F. saca un traballado punto de Burgos

Foto: @LaFactoriaBCF
G24.gal 25/09/2022 20:37

O Ourense Club de Fútbol acadou un empate a un gol no campo do Burgos Promesas, nun partido que tivo poucas ocasións ata o treito final. Os ourensáns controlaban o choque grazas ao gol de Gabri Palmás á media hora de xogo.

Sen excesivos atrancos, o partido foi avanzando ata a súa acción clave. Un penalti cometido por Ebuka, que foi expulsado. Raúl Marqueta converteuse no heroe dos seus detendo o penalti, pero non puido evitar o empate de Ricoy noutra acción de xogo directo. Aínda en inferioridade, o Ourense C. F. tivo ocasións para o segundo, pero o resultado xa non se moveu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade