Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. non erra e acada o coliderado (1-0)

O Ourense C. F. non erra e acada o coliderado (1-0)

O gol de Jerin ao comezo da segunda parte vale tres puntos de ouro

Os locais tiveron ocasións para sentenciar o partido

G24.gal 30/03/2024 19:02

O Ourense C. F. recibiu en Oira o Cayón, coñecendo de antemán o empate do Pontevedra, polo que unha vitoria igualaría os dous primeiros postos da táboa clasificatoria.

O partido comezou en Oira cun Ourense tímido, que nos primeiros minutos se viu obrigado a rexeitar varios centros laterais do conxunto visitante. O Cayón saíu valente e tentou achegarse con perigo á porta local, aínda que sen moito éxito. Co paso dos minutos o Ourense mellorou o seu xogo e pouco a pouco foi encerrando ao rival no seu campo. As ocasións comezaron a chegar e Di Renzo gozou das máis claras. Primeiro un remate de esquerda que rozou o traveseiro e despois un remate de cabeza que marchou desviado. No minuto 44, un disparo afastado de Alberto Gil petou no traveseiro e evitou que os locais se adiantasen. Así marchou o encontro ao descanso.

Na segunda metade, o guión do partido foi moi semellante ao remate da primeira metade, cun Ourense moi activo e na procura de ocasións de perigo. Antes de chegar ao 60', unha boa xogada pola dereita deixou o balón morto na área pequena e foi empurrado a gol por Jerin. Por fin derrubaban a defensa visitante. A partir de entón o dominio continuou sendo local, pero non se transformou en ocasións. A cinco para o final, os locais perdoaron un dous para un cun mal remate. Ao final o Cayón apertou, pero non tivo opcións para o empate.

Coa vitoria, os locais igualan ao Pontevedra e son de novo colíderes do grupo 1 da Segunda Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos