O Obradoiro recibe no Sar un Xirona comandado por Marc Gasol
A pista do Sar vai vivir máis ca un partido de baloncesto. O Obradoiro-Xirona é importante polo clasificatorio, para ir marcando diferenzas co rival pero tamén polo que estará diante. Marc Gasol lidera un equipo con marcados sinais de identidade.
Moncho Fernández cre que "é un equipo que defende moi agresivo, a toda pista, facendo dous contra un... un equipo que ten o selo do seu adestrador, e o seu estilo".
E o seu adestrador é todo un mito, Aíto García Reneses. Que di sobre o que será o seu rival a partir das seis desta tarde? "É un equipo estabilizado en ACB, sempre con Moncho Fernández como adestrador, e é moi interesante o que fixeron durante moitas temporadas, unhas veces manténdose, e outras estando preto dos postos de arriba".
A carón de Aíto, no banco, estará o recentemente retirado Albert Sabat, que lembrará os dous anos vividos no Obradoiro.