Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro pretende acougar a necesidade de puntos contra o Zaragoza

O Obradoiro pretende acougar a necesidade de puntos contra o Zaragoza

G24.gal 20/11/2021 13:17

Na Liga ACB, hai que lembrar que o Río Breogán-Joventut desta xornada vaise disputar o 30 de decembro, por culpa dos casos de coronavirus no equipo lugués. Así que temos unha única cita con intereses galegos, a que abre a xornada ás 18:00 entre un Obradoiro necesitado de triunfos e o Zaragoza.

Un Obradoiro marcado polas baixas enfróntase esta tarde a un rival directo no Multiusos do Sar. O Casademont Zaragoza é duodécimo na clasificación con catro vitorias, so unha máis que o Mombus.

Os de Moncho Fernández buscan unha reacción que cambie a traxectoria negativa dos últimos partidos, nos que so gañaron un encontro de seis disputados.

Ás baixas do escolta lituano Laurynas Beliauskas e do ala-pívot Álex Suárez, súmanse os problemas físicos do base estadounidense Braydon Hobbs.

Con todo, Moncho Fernández non quere falar de excusas e apela oa traballo para cambiar a dinámica do equipo. En fronte, o Zaragoza dirixido por Jaume Ponsarnau, un rival do que destaca o seu potencial no rebote ofensivo.

O Obradoiro intentará sumar a súa cuarta vitoria na liga a partir das 18:00 da tarde no Multiusos do Sar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar