O Obradoiro perde na final co Estrasburgo (82-78) e remata a súa participación europea
O Obradoiro perde na final co Estrasburgo (82-78) e remata a súa participación europea
Logo dunha fase previa de tres partidos, con vitoria en dous deles, o Obradoiro non estará na fase de grupos da BCL
Nun partido marcado pola igualdade o Obradoiro non foi quen de manexar a situación nos momentos chave do choque decisivo nunha semana de tres partidos.
O primeiro cuarto rematou sen claro dominador no marcador, cun punto de vantaxe para os santiagueses, pero no segundo foi cando abriron oco os galos chegando a coller nove puntos de vantaxe no segundo acto. Hooker, Lacombe e Booth eran os encargados e mandar no ataque francés nun equipo moi físico en defensa como o Estrasburgo.
O terceiro foi unha montaña rusa e cando parecía que marchaban os galos, chegou a remonta galega e o empate a 56 puntos, grazas a unha boa defensa dos de Moncho Fernández, pero volveu aparecer Booth para castigar desde o perímetro.
Acabaron perdendo o terceiro cuarto os galegos por seis puntos.
No definitivo cuarto cuarto volveron as perdas de balón e os erros nos tiros libres e coa contribución e Tinkel, Scrubb e Pustovyi, pos tres en dobres díxitos, non abondou para meter ao Estrasburgo nun compromiso.
Ao final catro puntos de desvantaxe e a sensación de que Obradoiro, con algo máis e acerto nos últimos dez minutos de encontro poría ter pelexado ata o derradeiro ataque. Os franceses tiraron de oficio e pasan a fase definitiva da Basketball Champions League.