Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro perde con claridade diante do Joventut no Sar (74-91)

O Obradoiro perde con claridade diante do Joventut no Sar (74-91)

Os de Badalona impuxeron a súa lei desde o principio, cun 7-27 no primeiro cuarto

Foto: ACB.com
G24.gal 17/12/2022 20:58

O Obradoiro perde con claridade diante do Joventut no Sar. Pode que houbese baixón anímico pola grave lesión de Bender, pero o certo é que o equipo santiagués nunca puido competir diante dun Joventut moi superior.

O parcial de inicio, un 2-19, xa deixaba claro que a vitoria ía ir para terras catalanas. Ao descanso, o Joventut gañaba por 23. Un ex obradoirista, Henry Ellenson, foi o máximo anotador do partido con 17 puntos. Kassius Robertson, con 14, foi o máis certeiro nos galegos.

O Obradoiro racha a súa serie de tres vitorias seguidas e queda con cinco triunfos e sete derrotas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade