O Obradoiro perde a Marcus Paige para toda a temporada
Sofre unha luxación no ombreiro esquerdo e terá que pasar polo quirófano
O Obradoiro recibe o F. C. Barcelona coas dúbidas de Walker, de Westermann e de Bender
O xogador do Monbus Obradoiro Marcus Paige, que sofre unha luxación no ombreiro esquerdo, terá que pasar polo quirófano.
O escolta someterase nos próximos días á operación e convértese nunha baixa de longa duración.
O xogador obradoirista xa sufriu unha luxación no ombreiro no mes de outubro que o tivo fóra das pistas preto de tres semanas sen poder disputar os partidos ante Lenovo Tenerife, Valencia Basket e Covirán Granada.
O Obradoiro recibe o F. C. Barcelona coas dúbidas de Walker, Westermann e de Bender. A parte positiva é que xa está integrado Kassius Robertson.
Moncho Fernández: "Robertson estivo aquí dous anos, é intelixente e non lle custa entrar na dinámica".