Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro nunca estivo preto do UCAM (94-81)

O Obradoiro nunca estivo preto do UCAM (94-81)

Os de Moncho Fernández empezaron moi distanciados desde o primero minuto

O próximo partido, contra o Breogán, a última vitoria dos santiagueses (xa son 10 derrotas consecutivas)

G24.gal 16/03/2024 18:07 Última actualización 16/03/2024 20:52

Inmerso na lea do descenso, o Obadoiro non é quen de levantar a cabeza. Xa son 10 partidos seguidos perdendo. A última vitoria foi no derbi, do que veremos a semana que ven a volver. Xa comezaba todo de cruz para os santiagueses. Oito abaixo nos primeiros minutos, inda que foron quen de achegarse co paso dos minutos no primeiro cuarto. Con todo, ese primeiro período finalizou cun marcador de 22-15. As boas porcentaxes de tiro dos locais afondaban nos problemas dos de Moncho Fernández. O segundo cuarto comezou a escarvar a tumbo do Obradoiro. O UCAM Murcia conseguiu escapar chegando a por 17 arriba. Un 64 % en tiros de campo local contrastaba co 34% dos visitantes. Os erros e a diferenza de puntos desde o banco estaban a lastrar o partido dos de Moncho. Chegouse ao final do cuarto con esta diferenza pero cun 47-30 no marcador

O inicio do terceiro cuarto tampouco foi síntoma de mellora. O UCAM Murcia continuou aumentando a súa vantaxe chegando a estar 22 arriba. As porcentaxes de tiro seguían sendo chaves no encontro, cunha gran diferenza entre ambos equipos. A pesar do bo encontro de Pustovyi (19 puntos) e de Howard (18), os seus compañeiros non lle seguían o ritmo. Recortaron distancias co paso dos minutos pero non o suficiente. Acabou este período cun 70-53. No último cuarto melloraron o parcial e chegaron a poñer algo de emoción. Inda así, nunca estiveron preto acabando cun resultado final de 94-81.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos